Mostrando entradas con la etiqueta 2526M. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2526M. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2020

CLASES PRESENCIAIS DO 25, 26 MAIO

Bos días.

O 25, 26M, con D1 e D2, vimos o mesmo nas dúas clases:

  • Segmentación de embotellado, empanada, engaiolante, enfeitizadas, escarnecer, alunizar.
  • Circunfixos.
  • Alomorfismo no radical: verde (lexema), verd (lexema)+oso (sufixo).
  • Familias léxicas irregulares: lúa, lúar / lunático, alunizar.

Comezamos a traballar (análise lingüística) no texto que segue. Iremos analizando o subliñado e marcado en fosforito.

A Dian Fossey que eu coñecín era unha muller tímida pero de carácter forte. Chegara a África a finais de 1966. No campamento Karisoke afondou no coñecemento dos gorilas. Pero os seus esforzos non se limitaron só a estudar estas criaturas; Dian Fossey tamén se dedicou a crear unha conciencia en contra da caza furtiva. Aquela incansable muller amaba os gorilas. Cando contactaba cun deles, poñíalle nome. O gorila co que acadou unha maior comunicación chamábase Digit. —Morreu nunha emboscada de cazadores furtivos. Cando souben da súa morte pensei que toleaba. Intensifiquei a miña loita contra os cazadores furtivos: cheguei a prepararlles trampas. Daquela empezaron os meus enfrontamentos co goberno de Ruanda. Esta loita a cara descuberta procuroulle moitos inimigos. Inimigos grandes e pequenos. Entre estes últimos se contaban algúns indíxenas locais. Había indíxenas que cazaban gorilas por pura necesidade. A zona onde estaba situado o campamento era moi pobre. E un cacho de carne sempre era ben recibido na boca daquela xente esfameada: carne do animal que fose. En ocasións, Dian Fossey combateu esta práctica xogando coa superstición dos indíxenas. Na África negra a xente adoita ser supersticiosa. Moitos africanos son animistas e cren que os mortos viven entre os vivos. Dian Fossey, consciente diso, ás veces presentábase como o espírito dunha meiga que castigaría a aquel que fixese dano aos gorilas. Dian Fossey tensou demasiado unha corda que era fráxil. E foi asasinada. Os seus restos mortais descansan a carón dos de Digit.

Palabras para segmentar: Bocados,  traballadores, madrugada, asaltantes, traumatismo, animalada, ría, informativo,  pensamento, fundamentais, independentemente, percorrido, importantísima, filosofía, cuarteleira, supetamente, piñeiral, preenchido, rexurdimento, amorosas, cheos, inexplicable, rexeneración, mundialización, internacional glorificación, terminoloxía, verdadeiros, formación, sobremadurados.