domingo, 24 de mayo de 2020

LUNS, 25 MAIO: RECUPERACIÓN 1ª/2ª AVALIACIÓNS

Boas tardes.



Ese mesmo material vale para aqueles alumnos que queiran subir nota nalgunha/s avaliación/s concreta/s.


Como dixen o outro día na videoconferencia, os alumnos que tedes aprobado podedes subir nota co traballo realizado neste terceiro trimestre mediante unha proba telemática. Pasareivos en breve a materia que entraría nesta proba (toda está neste "Caderno de Traballo").


Prazos estimados: 
  • 25 luns a 29 venres: Proba telemática para subir nota na materia do confinamento.
  • 1, 2, 3 xuño: Probas de recuperación de avaliacións pendentes e/ou subir nota.
  • 5: Avaliación 2º Bacharelato.

Se tedes algunha dúbida, poñédevos en contacto comigo polo medio habitual. 

Ata logo.




jueves, 21 de mayo de 2020

VENRES 22 MAIO: SEGMENTACIÓN E PRONOME PERSOAL

Bos días.


  • Corrección das cuestións ABAU de segmentación: Na entrada anterior e neste enlace. Hoxe comentaremos esta cuestión na videoconferencia.
  • Solucionario das actividades do pronome persoal: 
Actividades PP I (14 min.). Actividades PP II. (6 min.)

Ata logo. 

miércoles, 20 de mayo de 2020

XOVES, 21 MAIO: SEGMENTACIÓN. TEXTO. PRONOME PERSOAL.

1. Repaso de Lingua e Gramática.
  • Solucións propostas polo equipo de traballo das ABAU ás cuestións de segmentación (vid. entrada anterior):
Están en: 
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessofiacasanova/aulavirtual2/pluginfile.php/23514/mod_resource/content/1/ABAU%202017-18-19%20Exames%20e%20soluci%C3%B3ns.pdf
Pregunta 4: 1 punto Outorgaranse 0.25 puntos por cada forma ben analizada, desagregados do seguinte xeito: 0.15 pola segmentación e 0.10 pola identificación dos morfemas.
Pregunta 4: 1 punto Outorgaranse 0.25 puntos por cada forma ben analizada, desagregados do seguinte xeito: 0.15 pola segmentación e 0.10 pola identificación dos morfemas.
Pregunta 5: 1 punto Outorgaranse 0.15 puntos por cada palabra correctamente segmentada e 0.10 pola correcta identificación de morfemas en cada forma: difund-i-d-o-s (lexema, vogal temática, morfema de modo/tempo, morfema de xénero, morfema de número); inxustiza-s (prefixo, lexema, morfema de número); com-prac-e-nte-s/com-prac-ent-e-s ([prefixo], lexema, sufixo, vogal temática, morfema de número; darase como válido com: prefixo); harmoni-os-o (lexema, sufixo, morfema de xénero). Aceptaranse outras terminoloxías equivalentes. Coloqueinas no cadro de abaixo.
Pregunta 4: 1 punto Outorgaranse 0.20 puntos por cada forma ben identificada e até un total de 0.20 pola correcta xustificación: calceta: simple; aceptarase tamén derivada de ‘calza’ ou de ‘calcetar’; asociación: derivada de ‘asociar’; eslombándome: derivada de ‘lombo’; Brancaneves: composta de ‘Branca’ e ‘neve’; trangallada: simple.
Como vedes, non deron solución  ás preguntas de xuño, 2018, pero si a deron ás de setembro. O venres, na videoconferencia, resolveremos estas cuestións e  veremos por que marco en vermello o -d- de difundidos. 


Difund-
Lexema
-i-
Vogal temática
-d-
Morfema de modo/tempo? Preferible Morfema aspectual de participio -do
-o-
Morfema de xénero
-s-
Morfema de número
In-
Prefixo "negación"
-xustiza-
Lexema. 
-s
Morfema de número
Com-
Prefixo "contigüidade ou compañía"
-prac-
Lexema.   
-e-
Vogal temática pracEr, compracEr
-nte-
Suf. deriv. caracterizador
-s
Morfema de número
Harmoni-
Lexema
-os-
Sufixo
-o
Morfema de xénero
 Corrección das outras formas:


Valor semántico dos sufixos
Valor categorial dos sufixos
Pequen-
Lex

-iñ-
Suf. Alterat. diminutivo

-o-
MXºM

-s
MNºP

Beira-
Lex

rrúa
Lex

Lavand-
Lex

-aría
Suf. Derivat. locativo

Temp-
Lex

-ada
Suf. Derivat. Temporal
SD que transforma subst. en subst.
Contamin-
Lex

-a-
VT Contaminar

-nte-
Suf. Derivat. Caracterizador
SD que transforma verbo en adx.
-s
MNºP

Lend-
Lex

-ari-
Suf. Derivat.Locativo ou Profesional
SD que transforma subst. en adx.
-o
MXºM

Ill-
Lex

-a-
VT, verbo illar

-d-
Morfema aspectual de participio

-o-
MXºM

Des-
Pref. "acción contraria"

-proporcion-
Lex.

-a-
VT (des+proporcionar)

-d-
Morfema aspectual de participio

-a
MXºF

-s
MNºP

Calceta
Lex: Simple / Deverbal de Calcetar: Derivada / Diminutivo de Calza: Derivada.
A-
Circunfixo?

-soci-
Lex socio

-a-
VT asociar

-ción
Suf. Derivat. De acción
SD que transforma verbo (asociar) en subst.
Es-
Circunfixo? Lombo: Eslombar

-lomb-
Lex

-a-
VT

-ndo
Morfema aspectual de xerundio

+me
Pronome átono

Branc-a
Lex

-A-
MXºF

-neve-
Lex

-s
MNºP

Trangallada
Lex

-s
MNºP



Para saber o valor semántico dos sufixos só hai que recordar: colectivos, locativos, xentilicios, temporais, acción, caracterizadores, profesionais, abstractos, outros.


2. Texto.

3. Pronome persoal.
1. Función sintáctica (as 10 primeiras).
2. Pronome de cortesía (5 primeiras).
3. Colocación (xustificando), 10 primeiras.
5. Te/Che: 10 primeiras.
7. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
9. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
10. Pronome de solidariedade, 2 de cada apartado.

O venres, corrección das cuestións ABAU de segmentación e solucionario das actividades do pronome persoal.

Ata logo. 

lunes, 18 de mayo de 2020

MARTES, 19 MAIO: SEGMENTACIÓN. TEXTO. PRONOME PERSOAL.

Bos dias.

1. Repaso de Lingua e Gramática.
  • Como afrontaron esta cuestión nas ABAU, neste enlace:
  • Segmenta morfoloxicamente as seguintes formas e identifica o valor de cada morfema: pequeniños (liña 4), beirarrúa (liña 4), lavandaría (liña 9) e tempada (liña 18). [1 punto] 2018, xuño, opción A.
  • Segmenta morfoloxicamente as seguintes palabras e indica o valor de cada morfema: contaminantes (liña 2), lendario (liña 4), illados (liña 8) e desproporcionadas (liña 15). [1 punto] 2018, xuño, opción B.
  • Segmenta morfoloxicamente as seguintes palabras e indica o valor de cada morfema: difundidos (liña 6), inxustizas (liña 8), compracentes (liña 11) e harmonioso (liña 11). [1 punto] 2018, setembro, A.
  • Indica se as seguintes palabras son simples, derivadas ou compostas. Xustifica a resposta explicando no seu caso a derivación ou composición que aprecies: calceta (liña 1), asociación(liña 6), eslombándome (liña 8), Brancaneves (liña 11) e trangalladas (liña 16). [1 punto] 2018, setembro, B. 
As solucións, na próxima sesión. 

 2. Texto.
Opción 1: "Anónimo".
Opción 2: "#etiquetadosengalego".
Opción 3: "Balconazis contra capullos".

3. Pronome persoal.
  • Solucións ao cuestionario-teoría do pronome persoal nesta ubicación.
  • Actividades do pronome persoal, do documento  Morfoloxía-Actividades (pp. 64 a 72). Márcoas, pero non as fagades todas xuntas; continuaremos o próximo día. Facede as 3 primeiras.
1. Función sintáctica (as 10 primeiras).
2. Pronome de cortesía (5 primeiras).
3. Colocación (xustificando), 10 primeiras.
5. Te/Che: 10 primeiras.
7. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
9. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
10. Pronome de solidariedade, 2 de cada apartado.

Ata logo.