Na aula virtual tedes un documento no que se indica como podedes recuperar a materia os alumnos que tedes algunha avaliación suspensa na materia LLG 2º Bacharelato.
Ese mesmo material vale para aqueles alumnos que queiran subir nota nalgunha/s avaliación/s concreta/s.
Como dixen o outro día na videoconferencia, os alumnos que tedes aprobado podedes subir nota co traballo realizado neste terceiro trimestre mediante unha proba telemática. Pasareivos en breve a materia que entraría nesta proba (toda está neste "Caderno de Traballo").
Prazos estimados:
- 25 luns a 29 venres: Proba telemática para subir nota na materia do confinamento.
- 1, 2, 3 xuño: Probas de recuperación de avaliacións pendentes e/ou subir nota.
- 5: Avaliación 2º Bacharelato.
Se tedes algunha dúbida, poñédevos en contacto comigo polo medio habitual.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario