Podedes repasar facendo deporte, paseando... Pero repasade. E non deixedes a Literatura e a Sociolingüística, por favor.
segundobacharelatod
miércoles, 17 de junio de 2020
TITORIAIS REPASO ABAU
Na vosa aula virtual tedes un novo documento: Titoriais texto, lingua-gramática para ABAU.
Podedes repasar facendo deporte, paseando... Pero repasade. E non deixedes a Literatura e a Sociolingüística, por favor.
Ánimo e sorte.
Podedes repasar facendo deporte, paseando... Pero repasade. E non deixedes a Literatura e a Sociolingüística, por favor.
domingo, 7 de junio de 2020
lunes, 1 de junio de 2020
MÉRCORES, 3X: DEFENSA ORAL E TEXTO "ANACONDA"
Saúdos
a todos. Dúas cuestións:
1ª.- Defensa oral:
- Mércores, 3X, 16.00: Defensa oral (para subir nota) do material elaborado no 3º trimestre + Defensa oral
do material indicado para aprobar 1ª/2ª avaliacións. Os nomes envieinos
por whatsapp e están na aula virtual. Quedades todos convocados o mércores
3 de xuño ás 16.00 h.
2ª cuestión: O texto da entrada anterior. Que hai que
facer? (voluntario) As cuestións que figuran ao final da entrada. Se sigo mellorando, veranse na clase do xoves/venres.
domingo, 31 de mayo de 2020
CLASE 1, SEMANA 1-5 XUÑO
A anaconda-güió ten paciencia infinita. Se ole
becerro á beira do río, bótase a durmir tranquila. Na punta do rabo
ten un cono invertido, groso, un funil duro que serve para atar. A serpe procura unha raíz no fondo,
dálle unha volta ao rabo e ata forte. Despois agarda e dorme. O becerro ha ter
sede algún día. O facendeiro vacía toros de pau e pon sal aquí e acolá. Ao
becerro novo gústalle lamber o sal. Logo bebe, bebe, bebe. A güió sábeo. Cando
o becerro entra no lameiro vai desconfiado. A primeira vez a serpe non se move.
O tempo vai dando confianza. Un día o becerro entérrase na lama e
vai saíndo pausado, lento, tranquilo. Aí é cando a güió vén
pouquiño a pouco esvarando no fondo, desde atrás, no lusco e fusco
do serán. O becerro non se apercibe de nada. De súpeto, sente a corda da forca
no pescozo: é a anaconda-güió. Dá unha volta á gorxa do animal e crava os
dentes feros no fuciño, nas mesmas fontes do respiro. O becerro apavorado turra
de si sen folgos. A serpe estira ata facerse delgada coma un fío. O becerro
empurra para diante. Brúa. Volve atrás. A serpe encolle como goma mol. Horas de
estira e encolle ata que o becerro mete o belfo no fango. A anaconda
envolve, envolve, envolve. E tritura. Quebra óso a óso. Despois engole o animal
enteiro. Sen présa. O tempo non conta. Xa mo dicía Vicente Anzola, o
compañeiro: reloxo na selva é tempo perdido.
A. Avilés de Taramancos, Nova crónica das Indias.
- Segmenta en sílabas güió.
- Ole. Conxuga as restantes persoas desa forma verbal.
- Ole (verbo) e Olé! (interxección). Son palabras homónimas? Homófonas? Homógrafas?
- Á beira do río: Análise sintáctica (función oracional e formas subliñadas no/s seu/s sintagma/s.
- Bótase a durmir. Tipo de construción.
- Tranquila: Clase de palabra.
- Dálle. É correcto que se manteña o til? Por que?
- Forte: Clase de palabra.
- Ha ter: Tipo de contrución.
- Ao becerro novo gústalle lamber o sal. Análise sintáctica (só funcións oracionais).
- Desconfiado: Función sintáctica.
- Non se move. Valor de se.
- Vai dando: Tipo de construción.
- Entérrase. Valor de se.
- Pausado, lento, tranquilo. Función sintáctica.
- Nas dúas últimas liñas, localiza as palabras con til diacrítico. Explica cada unha delas.
jueves, 28 de mayo de 2020
VENRES 29M, 2ª parte: DEFENSA ORAL DO TRABALLO REALIZADO NO 3º TRIMESTRE
Na aula virtual tedes un documento no que se indica:
- A estrutura da proba.
- As cuestións que poden entrar nos diferentes bloques temáticos.
Se o preferides en Word, podedes cambiar o formato con https://www.ilovepdf.com/es
miércoles, 27 de mayo de 2020
CLASES PRESENCIAIS DO 25, 26 MAIO
Bos días.
O 25, 26M, con D1 e D2, vimos o mesmo nas dúas clases:
- Segmentación de embotellado, empanada, engaiolante, enfeitizadas, escarnecer, alunizar.
- Circunfixos.
- Alomorfismo no radical: verde (lexema), verd (lexema)+oso (sufixo).
- Familias léxicas irregulares: lúa, lúar / lunático, alunizar.
Comezamos a traballar (análise lingüística) no texto que segue. Iremos analizando o subliñado e marcado en fosforito.
A Dian Fossey que
eu coñecín era unha muller tímida pero de carácter forte. Chegara a
África a finais de 1966. No campamento Karisoke afondou no coñecemento dos gorilas.
Pero os seus esforzos non se limitaron só a estudar estas criaturas;
Dian Fossey tamén se dedicou a crear unha conciencia en contra da
caza furtiva. Aquela incansable
muller amaba os gorilas. Cando contactaba cun deles, poñíalle nome.
O gorila co que acadou unha maior comunicación chamábase
Digit. —Morreu nunha emboscada de cazadores furtivos. Cando souben da súa morte pensei que
toleaba. Intensifiquei a miña loita contra os cazadores furtivos:
cheguei a prepararlles trampas. Daquela empezaron os meus enfrontamentos co goberno
de Ruanda. Esta loita a cara descuberta procuroulle moitos inimigos.
Inimigos grandes e pequenos. Entre estes últimos se contaban algúns
indíxenas locais. Había indíxenas que cazaban gorilas por pura necesidade. A zona onde
estaba situado o campamento
era moi pobre. E un cacho de carne sempre era ben recibido na boca daquela
xente esfameada:
carne do animal que fose. En ocasións, Dian Fossey combateu esta práctica
xogando coa
superstición dos indíxenas. Na África negra a xente adoita ser supersticiosa. Moitos
africanos son animistas e cren que os
mortos viven entre os vivos. Dian Fossey, consciente diso, ás veces presentábase
como o espírito dunha meiga que castigaría a aquel que fixese dano aos
gorilas. Dian Fossey tensou demasiado unha corda que era fráxil. E foi
asasinada. Os seus restos mortais descansan a carón dos de Digit.
Palabras para segmentar: Bocados, traballadores, madrugada,
asaltantes, traumatismo, animalada, ría, informativo, pensamento,
fundamentais, independentemente, percorrido, importantísima, filosofía, cuarteleira,
supetamente, piñeiral, preenchido, rexurdimento,
amorosas, cheos, inexplicable,
rexeneración, mundialización, internacional glorificación, terminoloxía,
verdadeiros, formación, sobremadurados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)