Podedes repasar facendo deporte, paseando... Pero repasade. E non deixedes a Literatura e a Sociolingüística, por favor.
miércoles, 17 de junio de 2020
TITORIAIS REPASO ABAU
Na vosa aula virtual tedes un novo documento: Titoriais texto, lingua-gramática para ABAU.
Podedes repasar facendo deporte, paseando... Pero repasade. E non deixedes a Literatura e a Sociolingüística, por favor.
Ánimo e sorte.
Podedes repasar facendo deporte, paseando... Pero repasade. E non deixedes a Literatura e a Sociolingüística, por favor.
domingo, 7 de junio de 2020
lunes, 1 de junio de 2020
MÉRCORES, 3X: DEFENSA ORAL E TEXTO "ANACONDA"
Saúdos
a todos. Dúas cuestións:
1ª.- Defensa oral:
- Mércores, 3X, 16.00: Defensa oral (para subir nota) do material elaborado no 3º trimestre + Defensa oral
do material indicado para aprobar 1ª/2ª avaliacións. Os nomes envieinos
por whatsapp e están na aula virtual. Quedades todos convocados o mércores
3 de xuño ás 16.00 h.
2ª cuestión: O texto da entrada anterior. Que hai que
facer? (voluntario) As cuestións que figuran ao final da entrada. Se sigo mellorando, veranse na clase do xoves/venres.
domingo, 31 de mayo de 2020
CLASE 1, SEMANA 1-5 XUÑO
A anaconda-güió ten paciencia infinita. Se ole
becerro á beira do río, bótase a durmir tranquila. Na punta do rabo
ten un cono invertido, groso, un funil duro que serve para atar. A serpe procura unha raíz no fondo,
dálle unha volta ao rabo e ata forte. Despois agarda e dorme. O becerro ha ter
sede algún día. O facendeiro vacía toros de pau e pon sal aquí e acolá. Ao
becerro novo gústalle lamber o sal. Logo bebe, bebe, bebe. A güió sábeo. Cando
o becerro entra no lameiro vai desconfiado. A primeira vez a serpe non se move.
O tempo vai dando confianza. Un día o becerro entérrase na lama e
vai saíndo pausado, lento, tranquilo. Aí é cando a güió vén
pouquiño a pouco esvarando no fondo, desde atrás, no lusco e fusco
do serán. O becerro non se apercibe de nada. De súpeto, sente a corda da forca
no pescozo: é a anaconda-güió. Dá unha volta á gorxa do animal e crava os
dentes feros no fuciño, nas mesmas fontes do respiro. O becerro apavorado turra
de si sen folgos. A serpe estira ata facerse delgada coma un fío. O becerro
empurra para diante. Brúa. Volve atrás. A serpe encolle como goma mol. Horas de
estira e encolle ata que o becerro mete o belfo no fango. A anaconda
envolve, envolve, envolve. E tritura. Quebra óso a óso. Despois engole o animal
enteiro. Sen présa. O tempo non conta. Xa mo dicía Vicente Anzola, o
compañeiro: reloxo na selva é tempo perdido.
A. Avilés de Taramancos, Nova crónica das Indias.
- Segmenta en sílabas güió.
- Ole. Conxuga as restantes persoas desa forma verbal.
- Ole (verbo) e Olé! (interxección). Son palabras homónimas? Homófonas? Homógrafas?
- Á beira do río: Análise sintáctica (función oracional e formas subliñadas no/s seu/s sintagma/s.
- Bótase a durmir. Tipo de construción.
- Tranquila: Clase de palabra.
- Dálle. É correcto que se manteña o til? Por que?
- Forte: Clase de palabra.
- Ha ter: Tipo de contrución.
- Ao becerro novo gústalle lamber o sal. Análise sintáctica (só funcións oracionais).
- Desconfiado: Función sintáctica.
- Non se move. Valor de se.
- Vai dando: Tipo de construción.
- Entérrase. Valor de se.
- Pausado, lento, tranquilo. Función sintáctica.
- Nas dúas últimas liñas, localiza as palabras con til diacrítico. Explica cada unha delas.
jueves, 28 de mayo de 2020
VENRES 29M, 2ª parte: DEFENSA ORAL DO TRABALLO REALIZADO NO 3º TRIMESTRE
Na aula virtual tedes un documento no que se indica:
- A estrutura da proba.
- As cuestións que poden entrar nos diferentes bloques temáticos.
Se o preferides en Word, podedes cambiar o formato con https://www.ilovepdf.com/es
miércoles, 27 de mayo de 2020
CLASES PRESENCIAIS DO 25, 26 MAIO
Bos días.
O 25, 26M, con D1 e D2, vimos o mesmo nas dúas clases:
- Segmentación de embotellado, empanada, engaiolante, enfeitizadas, escarnecer, alunizar.
- Circunfixos.
- Alomorfismo no radical: verde (lexema), verd (lexema)+oso (sufixo).
- Familias léxicas irregulares: lúa, lúar / lunático, alunizar.
Comezamos a traballar (análise lingüística) no texto que segue. Iremos analizando o subliñado e marcado en fosforito.
A Dian Fossey que
eu coñecín era unha muller tímida pero de carácter forte. Chegara a
África a finais de 1966. No campamento Karisoke afondou no coñecemento dos gorilas.
Pero os seus esforzos non se limitaron só a estudar estas criaturas;
Dian Fossey tamén se dedicou a crear unha conciencia en contra da
caza furtiva. Aquela incansable
muller amaba os gorilas. Cando contactaba cun deles, poñíalle nome.
O gorila co que acadou unha maior comunicación chamábase
Digit. —Morreu nunha emboscada de cazadores furtivos. Cando souben da súa morte pensei que
toleaba. Intensifiquei a miña loita contra os cazadores furtivos:
cheguei a prepararlles trampas. Daquela empezaron os meus enfrontamentos co goberno
de Ruanda. Esta loita a cara descuberta procuroulle moitos inimigos.
Inimigos grandes e pequenos. Entre estes últimos se contaban algúns
indíxenas locais. Había indíxenas que cazaban gorilas por pura necesidade. A zona onde
estaba situado o campamento
era moi pobre. E un cacho de carne sempre era ben recibido na boca daquela
xente esfameada:
carne do animal que fose. En ocasións, Dian Fossey combateu esta práctica
xogando coa
superstición dos indíxenas. Na África negra a xente adoita ser supersticiosa. Moitos
africanos son animistas e cren que os
mortos viven entre os vivos. Dian Fossey, consciente diso, ás veces presentábase
como o espírito dunha meiga que castigaría a aquel que fixese dano aos
gorilas. Dian Fossey tensou demasiado unha corda que era fráxil. E foi
asasinada. Os seus restos mortais descansan a carón dos de Digit.
Palabras para segmentar: Bocados, traballadores, madrugada,
asaltantes, traumatismo, animalada, ría, informativo, pensamento,
fundamentais, independentemente, percorrido, importantísima, filosofía, cuarteleira,
supetamente, piñeiral, preenchido, rexurdimento,
amorosas, cheos, inexplicable,
rexeneración, mundialización, internacional glorificación, terminoloxía,
verdadeiros, formación, sobremadurados.
domingo, 24 de mayo de 2020
LUNS, 25 MAIO: RECUPERACIÓN 1ª/2ª AVALIACIÓNS
Boas tardes.
Ese mesmo material vale para aqueles alumnos que queiran subir nota nalgunha/s avaliación/s concreta/s.
Como dixen o outro día na videoconferencia, os alumnos que tedes aprobado podedes subir nota co traballo realizado neste terceiro trimestre mediante unha proba telemática. Pasareivos en breve a materia que entraría nesta proba (toda está neste "Caderno de Traballo").
Prazos estimados:
Na aula virtual tedes un documento no que se indica como podedes recuperar a materia os alumnos que tedes algunha avaliación suspensa na materia LLG 2º Bacharelato.
Ese mesmo material vale para aqueles alumnos que queiran subir nota nalgunha/s avaliación/s concreta/s.
Como dixen o outro día na videoconferencia, os alumnos que tedes aprobado podedes subir nota co traballo realizado neste terceiro trimestre mediante unha proba telemática. Pasareivos en breve a materia que entraría nesta proba (toda está neste "Caderno de Traballo").
Prazos estimados:
- 25 luns a 29 venres: Proba telemática para subir nota na materia do confinamento.
- 1, 2, 3 xuño: Probas de recuperación de avaliacións pendentes e/ou subir nota.
- 5: Avaliación 2º Bacharelato.
Se tedes algunha dúbida, poñédevos en contacto comigo polo medio habitual.
Ata logo.
jueves, 21 de mayo de 2020
VENRES 22 MAIO: SEGMENTACIÓN E PRONOME PERSOAL
Bos días.
- Corrección das cuestións ABAU de segmentación: Na entrada anterior e neste enlace. Hoxe comentaremos esta cuestión na videoconferencia.
- Solucionario das actividades do pronome persoal:
Actividades PP I (14 min.). Actividades PP II. (6 min.)
Ata logo.
miércoles, 20 de mayo de 2020
XOVES, 21 MAIO: SEGMENTACIÓN. TEXTO. PRONOME PERSOAL.
1. Repaso de Lingua e Gramática.
- Solucións propostas polo equipo de traballo das ABAU ás cuestións de segmentación (vid. entrada anterior):
Están en:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessofiacasanova/aulavirtual2/pluginfile.php/23514/mod_resource/content/1/ABAU%202017-18-19%20Exames%20e%20soluci%C3%B3ns.pdf
Pregunta 4: 1 punto Outorgaranse 0.25 puntos por cada forma ben analizada, desagregados do seguinte xeito: 0.15 pola segmentación e 0.10 pola identificación dos morfemas.
Pregunta 4: 1 punto Outorgaranse 0.25 puntos por cada forma ben analizada, desagregados do seguinte xeito: 0.15 pola segmentación e 0.10 pola identificación dos morfemas.
Pregunta 5: 1 punto Outorgaranse 0.15 puntos por cada palabra correctamente segmentada e 0.10 pola correcta identificación de morfemas en cada forma: difund-i-d-o-s (lexema, vogal temática, morfema de modo/tempo, morfema de xénero, morfema de número); inxustiza-s (prefixo, lexema, morfema de número); com-prac-e-nte-s/com-prac-ent-e-s ([prefixo], lexema, sufixo, vogal temática, morfema de número; darase como válido com: prefixo); harmoni-os-o (lexema, sufixo, morfema de xénero). Aceptaranse outras terminoloxías equivalentes. Coloqueinas no cadro de abaixo.
Pregunta 4: 1 punto Outorgaranse 0.20 puntos por cada forma ben identificada e até un total de 0.20 pola correcta xustificación: calceta: simple; aceptarase tamén derivada de ‘calza’ ou de ‘calcetar’; asociación: derivada de ‘asociar’; eslombándome: derivada de ‘lombo’; Brancaneves: composta de ‘Branca’ e ‘neve’; trangallada: simple.
Como vedes, non deron solución ás preguntas de xuño, 2018, pero si a deron ás de setembro. O venres, na videoconferencia, resolveremos estas cuestións e veremos por que marco en vermello o -d- de difundidos.
- Explicación da segmentación, neste enlace.
Difund- Lexema -i- Vogal temática -d- Morfema de modo/tempo? Preferible Morfema aspectual de participio -do -o- Morfema de xénero -s- Morfema de número In- Prefixo "negación" -xustiza- Lexema. -s Morfema de número Com- Prefixo "contigüidade ou compañía" -prac- Lexema. -e- Vogal temática pracEr, compracEr -nte- Suf. deriv. caracterizador -s Morfema de número Harmoni- Lexema -os- Sufixo -o Morfema de xénero
Corrección das outras formas:
Valor semántico dos sufixos
|
Valor categorial dos sufixos
|
|
Pequen-
|
Lex
|
|
-iñ-
|
Suf. Alterat. diminutivo
|
|
-o-
|
MXºM
|
|
-s
|
MNºP
|
|
Beira-
|
Lex
|
|
rrúa
|
Lex
|
|
Lavand-
|
Lex
|
|
-aría
|
Suf. Derivat. locativo
|
|
Temp-
|
Lex
|
|
-ada
|
Suf. Derivat. Temporal
|
SD que transforma subst. en subst.
|
Contamin-
|
Lex
|
|
-a-
|
VT Contaminar
|
|
-nte-
|
Suf. Derivat. Caracterizador
|
SD que transforma verbo en adx.
|
-s
|
MNºP
|
|
Lend-
|
Lex
|
|
-ari-
|
Suf. Derivat.Locativo ou Profesional
|
SD que transforma subst. en adx.
|
-o
|
MXºM
|
|
Ill-
|
Lex
|
|
-a-
|
VT, verbo illar
|
|
-d-
|
Morfema aspectual de participio
|
|
-o-
|
MXºM
|
|
Des-
|
Pref. "acción contraria"
|
|
-proporcion-
|
Lex.
|
|
-a-
|
VT (des+proporcionar)
|
|
-d-
|
Morfema aspectual de participio
|
|
-a
|
MXºF
|
|
-s
|
MNºP
|
|
Calceta
|
Lex: Simple / Deverbal de Calcetar: Derivada / Diminutivo de Calza:
Derivada.
|
|
A-
|
Circunfixo?
|
|
-soci-
|
Lex socio
|
|
-a-
|
VT asociar
|
|
-ción
|
Suf. Derivat. De acción
|
SD que
transforma verbo (asociar) en subst.
|
Es-
|
Circunfixo? Lombo: Eslombar
|
|
-lomb-
|
Lex
|
|
-a-
|
VT
|
|
-ndo
|
Morfema aspectual de xerundio
|
|
+me
|
Pronome átono
|
|
Branc-a
|
Lex
|
|
-A-
|
MXºF
|
|
-neve-
|
Lex
|
|
-s
|
MNºP
|
|
Trangallada
|
Lex
|
|
-s
|
MNºP
|
|
Para saber o valor semántico dos sufixos só hai que recordar: colectivos,
locativos, xentilicios, temporais, acción, caracterizadores, profesionais,
abstractos, outros.
2. Texto.
- Actividades do pronome persoal, do documento Morfoloxía-Actividades (pp. 64 a 72). Rematade as actividades.
1. Función sintáctica (as 10 primeiras).
2. Pronome de cortesía (5 primeiras).
3. Colocación (xustificando), 10 primeiras.
5. Te/Che: 10 primeiras.
7. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
9. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
10. Pronome de solidariedade, 2 de cada apartado.
O venres, corrección das cuestións ABAU de segmentación e solucionario das actividades do pronome persoal.
Ata logo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

