jueves, 26 de marzo de 2020

VENRES, 27M: ORGANIZAR

Bos días.

Hoxe procede organizar o que queda de curso. Se fixestes o que vos fun indicando, a estas alturas tedes vistos os temas teóricos (Literatura: 2 puntos nas ABAU, Sociolingüística: 1 punto nas ABAU).

Recordade que nas directrices da proba de Lingua e Literatura Galega II na ABAU, especifícase o contido da mesma:
  1. Comprensión textual. 1 punto.
  2. Comprensión textual. 1 punto.
  3. Produción textual. 3 puntos.
  4. Lingua e gramática. 1 punto.
  5. Lingua e gramática. 1 punto.
  6. Lingua e sociedade. 1 punto.
  7. Literatura. 2 puntos. 
Quédanos revisar as cuestións 1 e 2, practicar a 3, e entrar directamente no que temos pendente: Lingua e gramática.

Nas directrices especifican, sobre "Lingua e gramática":
Formularanse dúas preguntas breves sobre  contidos de: 
  • Fonética e fonoloxía.
  • Morfoloxía e sintaxe. 
  • Semántica e lexicoloxía. 
  • Dialectoloxía.
Comezaremos o martes por Semántica, Lexicoloxía e Dialectoloxía, e revisaremos exames das ABAU e cuestións adicadas a esta parte da materia. Hoxe, adicade o tempo a organizar o material que tedes. Sabedes que lle oín dicir unha vez a Carracedo, o científico? Comentou que en Alemaña, nos institutos, os alumnos adican as dúas primeiras horas do luns a organizar o material de estudo. Así que, hoxe, organizade a materia. Entrade neste enlace, por favor


Ata o martes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario