Bos días.
Continuamos con Sociolingüística: temas 4, 5, 6 (temas de Historia da Lingua). Facede o mesmo que cos temas 1, 2, 3 (vid. indicacións na entrada anterior). Os temas 4, 5 e 6 hai que resumilos e redactalos (xa sabedes que algúns son guións).
Ide á aula virtual ou a este documento en PDF (tamén tedes un documento editable na aula virtual). Os temas son:
4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
5. O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais.
Contexto histórico e situación sociolingüística.
6. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características
lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
Para o tema 4, no punto "Características lingüísticas fundamentais" páx. 6), en "Algúns
exemplos das substitucións innecesarias e estranxeirismos son...", só tedes que citar 1 arcaísmo, 1 lusismo, 1 hipergaleguismo e 1 vulgarismo. No apartado "Nas
normas promovidas polas Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos
destacaban aspectos como" poñedes, p.e. (por exemplo) e citades 2.
Para o tema 5, páx. 8, en "Moderación nos excesos diferencialistas da etapa de
preguerra", 1 exemplo de cada: Ortografía, Fonética, Morfosintaxe, Léxico.
Con isto rematariades a teoría. O venres comentareivos por onde seguimos.
Ata mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario