lunes, 23 de marzo de 2020

CLASE 24M: SOCIOLINGÜÍSTICA

A semana pasada elaborastes os temas teóricos de Literatura. Penso que é o momento de deixar atrás toda a parte teórica para centrarnos o que queda de curso en aspectos prácticos.

Comezamos con Sociolingüística. Estes son os temas: 

  1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. 
  2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma. 
  3. O galego, lingua en vías de normalización. 
  4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 
  5. O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
  6. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 
Hoxe podedes elaborar os tres primeiros temas. Podedes encontralos na aula virtual (coma sempre, formato PDF e editable). As instrucións das ABAU din ao respecto: 
"Agárdase do alumnado unha resposta concisa e asemade completa, acorde coa puntuación que se lle concede á pregunta e co tempo do que se dispón para o exame. Sería desexable unha extensión aproximada dunhas 200 ou 250 palabras. Ao se tratar dunha extensión breve para unha pregunta deste tipo, valorarase a capacidade para seleccionar e presentar a información máis relevante sobre o tema escollido, así como para evitar divagacións e xeneralidades". 

INDICACIÓNS PARA PREPARAR OS TEMAS 1, 2, 3.

Ide á aula virtual ou a este documento.

1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. 
O tema divídese en 4 apartados: Funcións sociais da lingua. Conflito lingüístico. Diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos. O que interesa realmente é o ultimo apartado. Os tres anteriores serven para que poidades entender o cuarto, que dá título ao tema.
Se vedes que o tema queda execivamente curto, podedes amplialo con este artigo sobre os prexuízos lingüísticos.  Ides ao punto 4 do artigo, ”Clasificación dos prexuízos a respecto do galego”; diferencia 6 tipos de prexuízos: Podedes resumir brevemente en que consiste cada un deses 6 prexuízos. No mesmo artigo, no punto 2, explica “Os prexuízos lingüísticos no mundo”. Podedes facer un cadro (ou un esquema) con estes tipos de prexuízos: 
Tipo
Breve explicación
Prexuízos inocentes
a)
b)
c)
Prexuízos culturais
a)
b)
c)
Prexuízos xeopolíticos
a)
b)
c)


2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma. 
Dous apartados:
  • Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Todo é importante.
  • Interferencias e desviacións da norma. É suficiente con citar cada un dos fenómenos, definilos e poñer un exemplo. (Dos vulgarismos e castelanismos, é suficiente con 1 exemplo de cada; non hai que explicalos todos). Así:
Vulgarismos: definición e un exemplo. P.e. alteracións no vocalismo mediante fenómenos de adición: *arradio.
Castelanismos: definición e un exemplo. P.e. castelanismos fónicos consistentes na non distinción de e,o abertos/pechados; non pronunciar n velar (unha pronúnciase como *una); non pronunciar o fonema fricativo palatal xordo: caixa pronunciado como *caisa…
Se optades por poñer máis información, mellor. Pero recordade: este tema vale 1 punto.
3. O galego, lingua en vías de normalización.
Entra todo.
Recordade: os temas que vos paso son, na maior parte, guións. Hai que redactalos, poñendo os conectores adecuados.

O próximo día, temas 4, 5, 6 e rematades a parte teórica.

Ata o xoves.

4 comentarios:

  1. Vexo que, por hoxe, non hai comentarios. Ata a próxima sesión.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. No tema un só hai que poñer o último apartado ou temos que falar dos anteriores?

    ResponderEliminar