Bos días.
Entramos na 3ª avaliación.
Penso que é preferible que utilicedes esta semana (longa, pola ponte) para preparar os temas de Literatura que faltan: temas 9, 10, 11, 12. Sabedes que nas instrucións das ABAU (vid. enlace) fan constar, para Literatura:
"A pesar de estaren formuladas sobre un repertorio pechado preestablecido, valorarase nas respostas a elaboración dun texto persoal, e non dunha reprodución puramente memorística".
É por isto que recomendo que cadaquén elabore os seus temas. Como?
- Collede os guións que aparecen na aula virtual ou neste enlace aos guións.
- Collede os temas que están na aula virtual ou neste enlace aos temas.
- En cada tema (9, 10, 11, 12), elaborades a vosa redacción partindo do guión e completando co tema. Recordade a importancia do bo uso dos conectores.
Aínda que non os memoricedes de momento, o feito de escribilos (sexa a man ou co ordenador) adiántavos moito traballo: realizades un proceso de codificación e decodificación que será, cando os teñades que memorizar, de gran axuda.
En canto á extensión, nas directrices fan constar:
"Como extensión orientativa podemos establecer unhas 400 palabras, aproximadamente. Cómpre non obstante ter en conta que neste caso a extensión pode ser moi variable dependendo de que o alumnado opte por unha redacción máis desenvolvida ou máis esquemática".
Non pasa nada se vos sae un tema con máis de 400 palabras, pero non o fagades cunha extensión inferior.
Con isto, tedes traballo para toda a semana.
Ata o martes 24M. Comezaremos con outra parte da materia.
Recibido
ResponderEliminarNon. Este apartado é para dúbidas. Os temas están en guión e máis desenrolados na aula virtual. Tamén podedes seguir o libro, pero o que tedes na aula virtual é o libro xa resumido por min. Tedes que poñer conectores, nada máis.
EliminarPerfecto
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar