A semana pasada elaborastes os temas teóricos de Literatura. Penso que é o momento de deixar atrás toda a parte teórica para centrarnos o que queda de curso en aspectos prácticos.
Comezamos con Sociolingüística. Estes son os temas:
- Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
- O galego, lingua en vías de normalización.
- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
- O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
- O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
Hoxe podedes elaborar os tres primeiros temas. Podedes encontralos na aula virtual (coma sempre, formato PDF e editable). As instrucións das ABAU din ao respecto:
"Agárdase do alumnado unha resposta concisa e asemade completa, acorde coa puntuación que se lle concede á pregunta e co tempo do que se dispón para o exame. Sería desexable unha extensión aproximada dunhas 200 ou 250 palabras. Ao se tratar dunha extensión breve para unha pregunta deste tipo, valorarase a capacidade para seleccionar e presentar a información máis relevante sobre o tema escollido, así como para evitar divagacións e xeneralidades".
1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos
usos.
O tema divídese en 4 apartados: Funcións sociais da lingua. Conflito lingüístico. Diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos. O que interesa realmente é o ultimo apartado. Os tres anteriores serven para que poidades entender o cuarto, que dá título ao tema.
Se vedes que o tema queda execivamente curto, podedes amplialo con este artigo sobre os prexuízos lingüísticos. Ides ao punto 4 do artigo, ”Clasificación dos prexuízos a respecto do galego”; diferencia 6 tipos de prexuízos: Podedes resumir brevemente en que consiste cada un deses 6 prexuízos. No mesmo artigo, no punto 2, explica “Os prexuízos lingüísticos no mundo”. Podedes facer un cadro (ou un esquema) con estes tipos de prexuízos:
Tipo
|
Breve explicación
|
|
Prexuízos inocentes
|
a)
|
|
b)
|
||
c)
|
||
Prexuízos culturais
|
a)
|
|
b)
|
||
c)
|
||
Prexuízos xeopolíticos
|
a)
|
|
b)
|
||
c)
|
2. Historia da normativización: a construción da variedade
estándar. Interferencias e desviacións da norma.
Dous apartados:
- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Todo é importante.
- Interferencias e desviacións da norma. É suficiente con citar cada un dos fenómenos, definilos e poñer un exemplo. (Dos vulgarismos e castelanismos, é suficiente con 1 exemplo de cada; non hai que explicalos todos). Así:
Vulgarismos: definición e un exemplo. P.e. alteracións no vocalismo mediante fenómenos de adición: *arradio.
Castelanismos: definición e un exemplo. P.e. castelanismos fónicos consistentes na non distinción de e,o abertos/pechados; non pronunciar n velar (unha pronúnciase como *una); non pronunciar o fonema fricativo palatal xordo: caixa pronunciado como *caisa…
Se optades por poñer máis información, mellor. Pero recordade: este tema vale 1 punto.
3. O galego, lingua en vías de normalización.
Entra todo.
Recordade: os temas que vos paso son, na maior parte, guións. Hai que redactalos, poñendo os conectores adecuados.
O próximo día, temas 4, 5, 6 e rematades a parte teórica.
Ata o xoves.
O próximo día, temas 4, 5, 6 e rematades a parte teórica.
Ata o xoves.
Vexo que, por hoxe, non hai comentarios. Ata a próxima sesión.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarNo tema un só hai que poñer o último apartado ou temos que falar dos anteriores?
ResponderEliminarPerdoa. Non vira o comentario.
ResponderEliminar