Polo que me fixestes saber, algúns de vós preferides imprimir os documentos antes das clases. Esta semana trataremos unha serie de bloques; achego os enlaces aos documentos por se os queredes imprimir (todos eles están tamén na aula virtual):
Puntos 4/5 Lingua:
- Sintaxe.
- Morfoloxía-Teoría.
- Morfoloxía-Actividades. Non dará tempo a facelo todo. Este documento e o anterior é posible que o teñades xa: era o que había que imprimir ou recoller nunha fotocopiadora.
- Cuestións de Lingua/Gramática que hai que saber (poden entrar no exame).
- Ortografía (pp. 4 a 7 de Fonética-Fonoloxía).
Na clase de hoxe trataremos SINTAXE.
Comezaremos coa explicación do que figura no documento Sintaxe mediante os audios que figuran neste enlace.
|
Logo, continuaremos coa práctica, en concreto, con aquelas cuestións de sintaxe que entraron nos exames das ABAU en 2017, 2018, 2019. As cuestións, xunto coas solucións poden consultarse neste documento:
Os exames e as cuestións relativas aos puntos 4, 5 están en:
Recomendo que non empecedes coa práctica sen ver antes os temas de sintaxe.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario