Fonética e Fonoloxía. Tedes un documento na aula virtual que resume en 3 páxinas os aspectos máis importantes deste tema, seguindo o exposto no voso libro de texto. O resto é un anexo, repaso de Ortografía. Neste documento aparece:
- Guión do que hai que saber (páx. 1), imaxes do sistema vocálico, dos casos de vogais e-o abertas e do sistema consonántico (páx. 2), imaxe da correspondencia fonemas/letras para unha posible transcrición fonolóxica (páx. 3).
- Anexo: Repaso de casos de ortografía dubidosa (desde a páx. 4).
Como afrontan esta cuestión na ABAU?
Na vosa aula virtual tedes os exames de 2017, 2018, 2019. En concreto, tedes as Cuestións 4, 5: Lingua e Gramática. Polo que respecta a Fonética-Fonoloxía, estas foron as preguntas nas ABAU, as dúas nas probas de 2019:
- 2019, xuño, B. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: serio (liña 6), cómico (l. 7), retórico (l. 7), chinés (l. 9), teren (l. 11), mulleres (l. 11), persoa (l. 15). [1 punto].
- 2019, xullo, A. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto] agora (v. 1), outono (v. 1), ben (v. 2), eterno (v. 3), só (v. 4), todo (v. 6), ninguén (v. 7), podemos (v. 8) recendo (v. 11) amor (v.12)
As solucións, apareceron nos criterios de corrección ABAU:
- Restarase 0’20 puntos por cada vogal mal identificada, excepto o primeiro erro, que só se penalizará con 0'10. É dicir: 1 fallo = 0'9 puntos / 2 fallos = 0’7 / 3 fallos = 0’5 / 4 fallos = 0’3 / 5 fallos = 0'1 / 6 ou 7 fallos = 0 puntos. Tónicas abertas: serio, cómico, retórico, mulleres. Tónicas pechadas: chinés, teren, persoa.
- Restarase 0’15 puntos por cada vogal mal identificada, excepto o primeiro erro, que non se penalizará. É dicir: 0 ou 1 fallo = 1 punto / 2 fallos = 0’85 / 3 fallos = 0’70 / 4 fallos = 0’55 / 5 fallos = 0’40 / 6 fallos = 0’25 / 7 fallos = 0’15 / 8 ou máis fallos = 0 puntos. Tónicas abertas: ben, eterno, só, ninguén. Tónicas pechadas: agora, outono, todo, podemos, recendo, amor.
Como xa sabedes, a parte de Lingua e Gramática (cuestións 4 e 5 ABAU) abrangue: Fonética e Fonoloxía; Morfoloxía e sintaxe; Semántica e lexicoloxía; Dialectoloxía. Vimos en sesións anteriores Semántica e Dialectoloxía. Hoxe entramos en Fonética e Fonoloxía. Queda a Sintaxe: vou adaptarme ao sistema da vosa profesora de LLC para non confundirvos e ir ás especificidades. Tanto a Sintaxe como a Morfoloxía verémola á volta de Semana Santa, deixando así rematado o apartado "Lingua e Gramática" (4, 5 ABAU).
Podedes enviarme textos (punto 3 ABAU) dos exames. Tédelos neste enlace. Esta actividade é voluntaria.
Se me permitides un consello, aproveitade a Semana Santa:
En todo caso, pasádeo o mellor que poidades.
Podedes enviarme textos (punto 3 ABAU) dos exames. Tédelos neste enlace. Esta actividade é voluntaria.
Se me permitides un consello, aproveitade a Semana Santa:
- Os que ides ao día, para descansar e coller forzas.
- Os que non ides ao día, para poñervos.
En todo caso, pasádeo o mellor que poidades.

No hay comentarios:
Publicar un comentario