Bos días.
Sala de videoconferencia para 2º Bacharelato D. Habilitouse un único enlace por aula para facilitar a comunicación entre o profesorado e o alumnado. O enlace corresponde á vosa clase. Para esta materia reservei o venres ás 11.20 (hora de clase). Daquela, vémonos hoxe.
Texto. "Back on Earth", Xavier Alcalá, La Voz de Galicia, 23-04-2020. Pídese comentario crítico ou redacción sobre o tema central (texto expositivo-argumentativo) deste artigo. Tedes datos sobre como facelo no apartado "1.2.3. Texto" da vosa aula virtual.
Non é necesario que me entreguedes todos os textos que propoño. Eu irei mandando para que, en función do tempo e as necesidades doutras materias, vaiades facendo o que poidades ou queirades.
Substantivo. Corrección das actividades sobre o substantivo (entrada anterior) neste enlace. Se tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.
Adxectivo. Responde no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o adxectivo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, pp. 7 e 8. Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.
- Diferenza entre adxectivo explicativo e especificativo. Exemplos.
- Como se comportan os morfemas de xénero e número no adxectivo? Diferencia estres 3 tipos: loiro / doce / medicas.
- Cales son os procedementos de gradación do adxectivo?
- Cando se usa como / coma?
- Cando se usa ca / (do) que?
- Escribe o comparativo e superlativo sintético de grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario