Texto. Propoño os seguintes textos, a escoller:
Opción A: "Eu quero ser científico ou investigadora",
J.A. Pinto Añón, El Progreso, 15-04-2020.
Opción B: "Putas
en coresma", Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública,
17-04-2020.
En calquera deles podedes optar por facer un comentario crítico ou unha redacción (texto expositivo ou expositivo-argumentativo) sobre o tema central do texto. Consultade na aula virtual o apartado Texto. Cando o teñades, enviádelo ao correo anaseco@edu.xunta.es indicando se optastes polo comentario crítico ou pola redacción.
Lingua. Só nos queda por ver Morfoloxía. Este bloque forma parte do programa de 1º bacharelato, pero entra nas ABAU. Para simplificar, vou enlazar directamente co blog de 1º. Para hoxe, O substantivo I: entrade neste enlace e facede o que nel se indica.
Sintaxe. Estes exercicios son voluntarios, só para aqueles que consideren que necesitan reforzar. Son os seguintes exercicios do libro: páx. 41 (1, 2); páx. 42 (3, 4); páx. 69 (2, 4); páx. 70 (6, 8: neste último, o 8, analiza). En todos eles tedes que centrarvos unicamente nas funcións oracionais: suxeito, predicado, CD, complemento de réxime, CI, CC, complemento axente, predicativo (de suxeito ou de CD) e atributo. Non fagades a análise no interior da frase, a menos que sexa necesario polo tipo de construción.
Se non tedes libro de texto, avisade. Non os fagades todos xuntos, ide pouco a pouco, dosificando. Achegarei un solucionario.
Na próxima clase veremos erros frecuentes, para intentar evitalos.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario