1. Repaso de Lingua e Gramática: Variedades dialectais.
- Titorial de repaso Variedades dialectais, feito sobre os apuntamentos de Dialectoloxía (tamén na aula virtual).
- Como afrontaron esta cuestión nas ABAU? Cuestión 4, xullo, 2019, opción A:
4. A palabra rincós (verso 10) amosa un fenómeno dialectal que caracteriza un dos bloques dialectais do galego. Cal é ese fenómeno? Que bloque dialectal caracteriza? Sinala outros dous fenómenos característicos dese bloque. [1 punto]
2. Texto:
- Opción 1: "Unha vacina para o planeta".
- Opción 2: "Medo".
- Opción 3: Redacción/Comentario crítico sobre o que aparece nesta viñeta de Luis Davila.
Redacción sobre o tema central ou comentario crítico.
A semana que vén practicaremos máis sobre o esquema, intencionalidade, resumo, tema, etc.
3. Morfoloxía: Indefinidos, relativos, exclamativos e interrogativos. Pronome persoal.
- Solución ás actividades: Indefinido (páx. 76, as 10 primeiras); relativo (páx. 79: exercicio 1 (10 primeiras), exercicio 2 (3 primeiros textos) nesta ubicación.
- Pronome persoal. PP. 11-15 de Morfoloxía-Teoría. Escoitade estes titoriais: Pronome persoal 1 e Pronome persoal 2 (Interferencias lingüísticas). Despois, contestade estas cuestións:
- Podes localizar nun texto os pronomes persoais tónicos e átonos e determinar a súa función sintáctica?
- Cales son os valores especiais de nós?
- Que preposicións contraen co pronome tónico el, ela, eles, elas?
- Pronominalización. Tes que reparar na diferenza te/che, llo/llelo... (Explicado máis abaixo).
- Que función teñen que cumplir os reflexivos en galego?
- Que tipos hai de verbos pronominais?
- Cales son os valores de se en galego?
- Como podes recoñecer un dativo de solidariedade? Ten función sintáctica?
- Como podes recoñecer un dativo de interese? Ten función sintáctica?
- Fai un cadro coas contraccións entre as formas átonas do pronome.
- Cal é a forma normal de colocación do pronome? En que ocasións vai anteposto ao verbo? (NIANIEO).
- É aceptable en galego "elo"? A que se debe ese mal uso?
- É aceptable en galego "É máis alta ca eu"? Por que?
- Como podes saber que un pronome "sobra" nunha construción? Isto é, a construción é correcta sen ese pronome e incorrecta co pronome.
Punto 4. Diferenza te/che.A forma te é de CD; che de CI. Unha maneira doada de saber se hai que usar te/che é a que segue."Deixoute na casa" ou "Deixouche na casa"?- Pasa a oración a 3ª persoa: Deixouno na casa / Deixoulle na casa. Obviamente, o correcto é o primeiro: deixouno.
- Fai a seguinte correspondencia: se entra o, é te; se entra lle, é che; se entra se é te. Dito doutro xeito: pasa a oración a o-lle-se (nesta orde). O-TE, LLE-CHE, SE-TE.
Punto 4. Llo/llos/llelo/llelos.Recorda as contraccións. Deixoulle o libro: Deixoullo. Deixoulles os libros: Deixoullelos (lles+os).
Na próxima sesión, achegarei as solucións ao cuestionario-teoría do pronome persoal e marcarei actividades.
O próximo día, solución ao cuestionario-teoría do pronome persoal. Marcarei actividades. De repaso de Lingua e Gramática, seguiremos con Segmentación, documento base dos titoriais Segmentación I e Segmentación II, coas correspondentes actividades que saíron nos exames das ABAU (neste enlace).
Hoxe temos videoconferencia ás 11.20.
Vémonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario