jueves, 7 de mayo de 2020

XOVES 7 MAIO: ARTIGO, DEMOSTRATIVO, POSESIVOS, NUMERAIS.

Bos días.

Texto.

Opción 1: "Se puidese".
Opción 2: "Pais".
Opción 3: "De heroes a viláns".

Pídese o de sempre.

Artigo. Demostrativo. Correccións de:

Posesivos, páx. 17 do documento Morfoloxía-Teoría. Contesta esta cuestións:
  1. Cales son as formas do posesivo?
  2. Que é o posesivo de respecto. Cando se usa?
  3. Cales son os usos e valores especiais dos posesivos? Exemplos.
  4. Uso de artigo ante posesivo. Cales son as excepcións?

Numerais, pp. 18-19 do documento Morfoloxía-Teoría. Contesta esta cuestións:
  1. Cando funcionan os numerais como determinante (adxectivo determinativo)? E como núcleo (pronomes)?
  2. Os cardinais escríbense todos separados, agás as formas dos "centos": Escribe 13.456. 
  3. Que preposicións contraen coas formas un, unha? Hai algunha restrición?
  4. Que substantivos están emparentados cos numerais, pero non son numerais?
a  Ata mañá. Veremos:
- Corrección dos cuestionarios-teoría de posesivos e numerais
- Actividades de posesivos e numerais.

Mañá, venres, videoconferencia ás 11.20. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario