lunes, 11 de mayo de 2020

MARTES, 12 MAIO: REPASO LINGUA (FONÉTICA). TEXTO. MORFOLOXÍA (POSESIVOS, NUMERAIS, INDEFINIDOS, RELATIVOS, EXCLAMATIVOS, INTERROGATIVOS.

Bos días.

1. Repaso de Lingua e Gramática. Fonética-Fonoloxía:

2. Texto:
Redacción sobre o tema central ou comentario crítico dun dos textos.

3. Morfoloxía: 
  • Posesivos e numerais. Corrección de actividades nesta ubicación.
  • Indefinidos. Relativos, interrogativos, exclamativos. Cuestionario-Teoría. Ide mirando o exposto no documento Morfoloxía-Teoría, pp. 20-21, e contestade estas cuestións:
Indefinidos. 
  1. Cando un indefinido ten función de DET (adxectivo determinativo) e cando ten función de N (pronome)? Como podes identificar os indefinidos? Atención á escrita de cadaquén quenquera.
  2. Contraccións: DE, EN + algún / outro. Hai algunha restrición nestas contracións?
Relativos, exclamativos, interrogativos.
  1. Como podes identificar e recolecer as formas dos relativos, interrogativos e exclamativos? 
  2. Que funcións sintácticas desempeñan?
  3. Valor especial de quen.
  4. Como sabes cando a forma canto funciona como Relativo / Interrogativo-exclamativo / Adverbio interrogativo. 
  5. Onde, cando, como: Cando son relativos adverbiais? E cando adverbios interrogativos?
  6. Acentuación nos interrogativos e exclamativos.

  • Actividades do documento Morfoloxía-Actividades: Indefinido (páx. 76, as 10 primeiras); relativo (páx. 79: exercicio 1 (10 primeiras), exercicio 2 (3 primeiros textos).

Na próxima sesión:

  • Titorial de repaso: Semántica-Lexicoloxía.
  • Corrección do cuestionario-teoría e actividades dos indefinidos, relativos, exclamativos e interrogativos.
  • Pronome persoal: Teoría.


Ata o xoves.



No hay comentarios:

Publicar un comentario